Thursday 02 de May de 2024

O Partido Popular de Arzúa exixe explicacións polo peche da zona de concertos gratuítos na Festa do Queixo, que motivou as protestas do público asistente ao concerto de Tanxugueiras.


• Os populares xa protestaron en 2022 polo mesmo motivo.

• As mostras de protesta do público foron notorias durante a celebración do concerto.

Dende o Partido Popular de Arzúa laméntase a decisión, por segundo ano, na Festa do Queixo de Arzúa, de limitar o acceso do público á zona de concertos, gratuítos, e que impedían visualizar os mesmos dende o exterior da área habilitada.

A afluencia do público ao concerto de Tanxugueiras este pasado domingo ás 19:30 foi motivo de crítica do público asistente que, na súa meirande parte, quedou no exterior da zona valada con malla opaca sen poder ver actuar ao grupo.

Segundo o voceiro municipal popular, Rafael Rivadulla, “nos vemos na obriga de protestar por segundo ano pola decisión do goberno local de facer distinción no público, delimitando o aforo e obrigando a que moitos marchen da vila sen poder ver o concerto, algo que nós non houbésemos feito”.

O 2022 xa tivo unha edición da Festa do Queixo limitada polo COVID, segundo argumentou daquela o goberno local de AxA-PSdG. Un argumento que non se aplicou en concellos que celebraron festas na mesma data.

Consideramos un sinsentido establecer actualmente un aforo e, especialmente, impedir ver dende o resto do parque municipal, os concertos.
“Solicitamos unha explicación oficial de forma urxente por parte do alcalde”, indica Rivadulla.
As protestas do público asistente foron visibles e especialmente sonoras, con asubíos e intentos de accesos forzados ao recinto, ou arrinque parcial da malla branca, opaca, que impedía ver o escenario dende o espazo público que rodeaba a zona do concerto.